O Pleno aproba unha declaración institucional polo Día Mundial da toma de conciencia do abuso e o maltrato na vellez e dá o visto bo definitivo á Ordenanza do Centro para persoas sen fogar de Belvís
Na sesión ordinaria do mes de xuño, que arrancou cun minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia machista, o Pleno da Corporación deu o visto bo á Ordenanza reguladora do Centro para persoas sen fogar de Belvís, que se aproba de forma definitiva; así como á proposta da Alcaldía para a concesión dos galardóns …









