A oferta formativa cultural da Pobra incorpora clases de retratos pictóricos
O curso 2024-2025 conta con novidades na oferta formativa cultural da Pobra do Caramiñal. A partir do vindeiro mes ofrecerase a oportunidade de aprender a pintar retratos da man do artista Andrés Bernal. Este xénero pictórico impartirase nos luns e nos mércores, a partir do 4 de novembro, na casa da cultura Raquel Fernández Soler. …








