O Concello da Pobra convoca un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego de arquitecto
Trala aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de arquitecto/a superior, o Concello da Pobra do Caramiñal convoca as probas selectivas mediante un concurso-oposición. As funcións a desempeñar consistirán no estudo, elaboración de informes, memorias, proxectos, valoracións, orzamentos, asesoramento, inspección urbanística, coordinación e proposta propias da profesión …









