O paseo de Xuvia acollerá este domingo unha xornada da “Liga Atlántica Billarda 23-24”
O paseo marítimo de Xuvia será, por terceiro ano, escenario dunha das xornadas, neste caso a décimo sexta, da “Liga Atlántica Billarda 23-24”. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recordou que o Concello colabora neste evento, organizado polo Club APB A Laracha, entre cuxos integrantes hai veciños de Narón, e a Federación Galega de Deportes …