O PP de Culleredo denuncia a perda de máis de 50.000€ para atender a vítimas de violencia machista por non remitir en prazo as contas de 2023
Izaskun García, portavoz popular: “É escandaloso perder unha axuda fundamental por puro deixamento e incompetencia política” O Partido Popular de Culleredo denuncia que o municipio volveu a perder outra importantísima subvención, esta vez superior aos 50.000 euros e destinada ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no Burgo, por non remitir a conta …










