O alcalde recibiu aos caioneses Andrés e Lucía Naya Varela, campións do Mundo de Baile Folclórico en Parella
Impuxéronse no FIDAF Brazil World Championship celebrado en Nova Prata, ao que acudiron con Xacarandaina, con quen tamén acadaron o subcampionato en grupos e o premio ao mellor vestiario. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura, Patricia Bello, recibiron aos irmáns Lucía e Andrés Naya Varela, veciños de Caión, para felicitalos …










