O Concello de Boqueixón remata as obras de mellora dos interiores da aldea de Lamas, nas que investiu 19.000 euros
O Concello de Boqueixón vén de rematar as obras de mellora dos viarios interiores da aldea de Lamas, na parroquia de Sergude. Uns traballos nos que o executivo local investiu preto de 19.000 euros. “Nas vindeiras semanas continuaremos con varias actuacións en Pousada, Loureda, Lestedo, Gastrar, Vigo e Boqueixón”, adianta o alcalde, Ovidio Rodeiro Tato. …