O Concello de San Sadurniño fai un chamamento á concienciación veciñal para evitar os depósitos ilegais de voluminosos
Unha porta vella, un bote de pintura baleiro, tres sofás, un moble de madeira, caixas de cartón, unha cadeira, coxíns, o recheo dun colchón e algúns obxectos máis apareceron ciscados esta mañá ao pé dos colectores da capela da Portela, en San Sadurniño. Un punto de paso moi frecuentado -e relativamente resgardado- preto do límite …










