Aprobada a nova Ordenanza de Inclusión Social do concello de Riveira
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica na súa edición de hoxe a aprobación definitiva da ordenanza reguladora das medidas de apoio ao Programa de Inclusión Social do Concello de Riveira: unha normativa que fora aprobada unanimemente por todos os grupos da Corporación na sesión plenaria de outubro e que non recibiu ningunha alegación …



