Este xoves ás 21.00h. abre o prazo para anotarse nas rutas do Geolodía do mes de maio
A Sociedade Xeolóxica de España organiza para os días 6 e 7 de maio o denominado Geolodía 2017, co que se pretende promover o coñecemento da xeoloxía e da profesión asociada a esta disciplina. Son excursións de campo que se desenvolven simultaneamente en todo o Estado por zonas especialmente interesantes en canto a rochas e …



