O Chanfaina Lab fai un breve descanso para darnos interesantes consellos publicitarios
Efectivamente. Na presente edición do Chanfaina Lab tamén hai espazos publicitarios ao máis puro estilo da teletenda e ofertándonos produtos sorprendentemente útiles para a vida moderna: o Españolizer Pro e o Flipacán. Artigos que só podían saír das mentes da tropa de Consuma Conciencia/Concienciarte, unha entidade que busca esoutro mundo posible a través de obradoiros …







