Cheo total no debut do grupo Teatro en Familia da ANPA Carboeiro coa obra “A foto de Nadal”
O auditorio do centro cultural de Sigüeiro encheuse para aplaudir o debut nos escenarios do grupo Teatro en Familia, unha iniciativa que xorde dunha actividade extraescolar promovida pola ANPA Carboeiro para os nenos e nenas do CEIP de Oroso. En total, 27 veciños e veciñas de Oroso participaron na representación de “A foto de Nadal”, …









