Amador Pena Torreira e Elena Matalobos Redondo gañan a IV Carreira Pedestre Concello de Oroso, que reuniu case 550 atletas en Sigüeiro
Os atletas Amador Pena Torreira (C.D. Vagalume Energía) e Elena Matalobos Redondo (Sociedade Deportiva Barbantia Roda) foron os gañadores absolutos da cuarta edición da Carreira Pedestre Concello de Oroso, celebrada na tarde deste sábado e na que participaron un total de 543 corredores: 156 na competición absoluta e 387 nas outras categorías. Uns atletas que …










