Recepción a 27 veciños de Adeje que veñen de completar o Camiño de Santiago
Un total de 27 veciños da localidade canaria de Adeje recalaron no noso municipio despois de completar no día de onte o Camino de Santiago. A iniciativa xurdiu da Concellería de Xuventude deste municipio, cuxo edil responsable, Zebenzui Chinela Linares, formou parte da expedición. O grupo foi recibido no salón de plenos consistorial polo alcalde …







