Todos os secretos do espazo ao descuberto en Pereira coa primeira cita de ‘Todocosmos’
A parroquia de Pereira foi o primeiro lugar escollido para levar a cabo o programa astronómico ‘Todocosmos’. Numerosos veciños e veciñas, así como outros residentes de diversos lugares do municipio de Ordes acudiron onte a esta cita. Todas e todos puideron contemplar planetas, estrelas, galaxias e constelacións a través dun telescopio de longo alcance, e …










