A Asociación Agroecolóxica A Cortiña organiza para este mércores unha charla arredor das posibilidades da uva branca lexítima
O Centro de Formación e Capacitación Agroforestal de Guísamo leva 17 anos estudando o potencial da variedade branca lexítima para a elaboración de viño de calidade. As uvas desta caste, que antano poboaban as ladeiras da ría de Betanzos, estanse recuperando con sistemas de poda e entitorado que consigan sacarlle todo o que poden dar …





