O xornalista Ramón Vilar deixa pequeno o auditorio do Museo do Traxe na presentación de ‘Os televisores estrábicos’
“Vivimos un tempo de desesperación pero é obrigado permanecer de pé nesta vida, porque estar de xeonllos queima moito”. Con este alegato á fortaleza e á dignidade humana Ramón Vilar pechaba onte a presentación da súa primeira novela ‘Os televisores estrábicos’. Escoitándoo estaban máis dun centenar de veciños, veciñas e afeccionados á literatura, que …