As cancións de Disney serán as protagonistas mañá sábado da Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame
A casa da cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá mañá sábado 8 de abril, ás 11:30 horas, a Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame. Unha xornada na que o alumnado amosará ao público asistente as habilidades adquiridas no que vai de curso. A entrada é totalmente libre e de balde …





