Manuel Regos comparte cos nenos e nenas do municipio a última xornada do programa de conciliación
O alcalde de Ordes, Manuel Regos, quixo acompañar os nenos e nenas na última xornada das actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes. Os nenos e nenas participantes explicáronlle ao rexedor cada un dos obradoiros e xogos que durante as últimas semanas levaron a cabo. Pola súa banda Regos fíxolles entrega dun regalo a …