O Concello de Carral adopta medidas para previr posibles contaxios polo coronavirus
Co fin de evitar posibles contaxios polo novo coronavirus, o Concello de Carral adopta diferentes medidas preventivas. Estas aplícanse tendo en conta, en todo momento, as directrices anunciadas pola Xunta de Galicia e polo Goberno do Estado. Cancelación de todas as actividades culturais, deportivas e xuvenís organizadas polo Concello ou por outros: ciclo de cine, exposición ‘Galicia escandinava’, …




