O Pleno de Frades aproba por unanimidade o proxecto de construción dunha senda peonil en Vista Alegre, de case 150.000 euros
A documentación será enviada á Deputación, entidade que se encargará de contratar e executar as obras na DP-3802 O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade o proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-3802 en Vista Alegre (parroquia de Galegos), concretamente entre os puntos quilométricos 8,360 e 9,330. Un proxecto orzamentado en 149.159,10 euros …