O PSOE de Trazo apoia a proposta de obras realizada polo alcalde no Plan Único e lamenta a achega excesiva a financiar gasto corrente
Beatriz Domínguez considera que “as arcas municipais non deben de estar tan saneadas como di o alcalde porque do contrario non desviaría tantos cartos a gasto corrente nin se endebedaría” O PSOE de Trazo apoiou esta mañá a proposta presentada pola Alcaldía para o Plan Único da Deputación da Coruña, que ascende a 678.511,76 euros, …