Fene súmase este sábado á Hora do Planeta
O Concello apagará o alumeado da Casa da Cultura entre as 20.30 e as 21.30h. A Hora do Planeta é unha campaña de WWF que comezou hai unha década en Australia como xesto simbólico na loita contra o cambio climático. Durante unha hora edificios públicos, empresas e fogares apagan as luces para expresar este compromiso. …