25 persoas estrean en Bardaos a temporada das Camiñadas parroquiais por San Sadurniño
Aproveitando que agora os días son máis longos, o Concello de San Sadurniño retoma a súa programación de camiñadas polo territorio. Son paseos ao aire libre aptos para todas as idades, relativamente curtos -entre 5 e 8 quilómetros de distancia- e cun nivel de dificultade baixo, posto que discorren por pistas e camiños en bo …