O Concello de Brión solicítalle á Deputación que fraccione en dous prazos o cobro do IBI de natureza urbana no 2017
O alcalde de Brión, José Luís García, vén de solicitarlle á Deputación Provincial da Coruña que fraccione en dous prazos o cobramento do IBI de natureza urbana no ano 2017 no municipio, “para facilitar aos veciños o pagamento deste imposto sen quebranto das súas economías familiares, posto que os incrementos nos recibos van ser importantes”. …