O Concello tenta desbloquear o informe negativo de Patrimonio sobre a mellora dos accesos ao Centro Oncolóxico
O organismo da Xunta informou desfavorablemente a esta mellora de accesos, “unha situación que dificulta que poidamos acometer a obra tal e como pensabamos pero que trataremos de solventar co departamento autonómico”, explicou a alcaldesa A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá xunto ao concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, as instalacións …






