O Concello de San Sadurniño e a Oficina Agraria Comarcal colaboran organizando catro cursos sobre o sector primario
A Casa da Cultura de San Sadurniño acollerá durante os meses de setembro e outubro catro cursos organizados pola Oficina Agraria Comarcal de Ferrol dirixidos preferentemente a persoas vinculadas ao sector primario ou mocidade que queira emprender na actividade agrogandeira. Os temas que se tratarán son a gandaría de ovino e cabrún, a avicultura artesanal, …







