A Xunta de Goberno Local aproba a operación de préstamo, plasmada xa no modificativo aprobado en maio por 6,5 millóns de euros, para poder executar os investimentos de gran interese para a cidade
O crédito servirá para pagar obras como o viaduto da Ronda de Nelle e para rematar a piscina do Castrillón. A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a autorización da concertación dunha operación de crédito por importe máximo de 6.505.000 euros para poder financiar as obras do modificativo de crédito aprobado en maio deste ano. …