Mulleres de Carballo descargan estrés cunha sesión de destructoterapia no parque empresarial de Bértoa
Un grupo de mulleres, entre as que figuraban as concelleiras Maica Ures e Maruxa Suárez, participaron esta mañá no parque empresarial de Bértoa nunha sesión de destructoterapia, unha actividade incluída na programación municipal arredor do 8 de marzo e centrada na saúde mental e na xestión das emocións. A actividade estivo guiada pola psicóloga Claudia …










