A cantante coruñesa Sés pechará os actos polo Día das Bibliotecas cun concerto no Ágora
Os diferentes centros da cidade celebrarán esta data tan especial do martes 19 ao domingo 24 A rede de Bibliotecas Municipais da Coruña celebrará durante esta semana o Día Internacional das Bibliotecas, que será o domingo 24. Este servizo municipal preparou diferentes actividades baixo o lema ‘As BMC acollemos realidades, facilitamos oportunidades’. O obxectivo será …







