“Troca e Retroca”: a Concellaría de Dereitos Sociais e a asociación Acougo poñen en marcha un banco de recursos para a infancia
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais e a Asociación de Familias Acolledoras de Galicia, Acougo, veñen de poñer en marcha o proxecto “Troca e Retroca”, un banco de recursos para a infancia que pretende garantir a igualdade de oportunidades entre as familias e axudar a cubrir as necesidades daquelas en situación de maior vulnerabilidade. …









