San Sadurniño tamén se suma aos campamentos dixitais para a rapazada e a mocidade durante o verán
Varios municipios da zona ofertan durante as vacacións actividades do programa CODI organizado polo Ministerio de Xuventude e a Fundación Cibervoluntarios O Concello de San Sadurniño ofrecerá en agosto un dos campamentos dixitais gratuítos do programa estatal de fomento das competencias dixitais na infancia -CODI-, promovido polo Ministerio de Xuventude por medio da Fundación Cibervoluntarios. …










