O sábado 3 de setembro no Parque das Torres de Santa Cruz, foliada municipal na que participarán os grupos folclóricos de Oleiros
O sábado día 3 de setembro o Concello de Oleiros organiza unha nova edición da Foliada Tradicional, unha xornada lúdica e de encontro na que participarán as diferentes agrupacións folclóricas de Oleiros. O obxectivo principal é fomentar o espírito de convivencia e compartir experiencias, inquedanzas e novos proxectos nunha xornada de festa nun ambiente distendido. …








