Daniel Pérez despide ao capitán da Garda Civil, Jesús Ramón Viaño, que remata a súa etapa á fronte da compañía de Carballo
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, recibiu na casa do concello ao capitán Jesús Ramón Viaño Calviño, que se achegou para despedirse con motivo do remate da súa etapa á fronte da quinta compañía da Garda Civil, con base en Carballo. O encontro desenvolveuse nun ambiente moi cordial e serviu para facer balance destes anos …










