O Concello comeza este domingo os traballos para a renovación integral do pavimento na avenida de Fisterra, entre o Ventorrillo e o Paseo das Pontes
A intervención, que implica a substitución de máis de 7.000 metros cadrados de firme, levarase a cabo entre a rotonda do Ventorrillo coa rolda de Outeiro e a rúa Palomar, lindeira co parque de Santa Margarida O Concello da Coruña, a través da Área de Infraestruturas, comeza este domingo 29, ás 23.30 horas, os traballos …









