O concello concorre á convocatoria da Xunta para dotar ás bibliotecas con novidades editoriais en galego
Tamén se presentarán propostas para acollerse ás axudas da Deputación para a contratación de persoal técnico. Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse que o Concello concorra á convocatoria de axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para mellorar as coleccións bibliográficas das bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco …










