O Concello saca a contratación a construción e mellora de beirarrúas nos tramos pendentes ou en mal estado da Avenida de Alxeciras
Cun investimento duns 103.000 euros, procederase tamén á renovación de redes de auga e saneamento en determinados puntos do trazado O Concello de Neda procederá á construción de novas beirarrúas e bordillos naqueles tramos en mal estado, ou mesmo que carecen delas, na Avenida de Alxeciras, entre a rúa Roseira e o Camiño do Regueiro. …









