O Concello distinguirá á deportista local Ale de Paz outorgándolle o seu nome ao pavillón de San Isidro
O Concello Pleno de Neda vén de aprobar na súa reunión ordinaria, celebrada este mediodía na Casa da Cultura, a proposta de denominar ao polideportivo de San Isidro co nome de pavillón municipal Ale de Paz. A decisión, adoptada por unanimidade, supón todo un recoñecemento á traxectoria deportiva desta coñecida xogadora nedense, que está na …










