O Concello reclama máis axilidade á Deputación nas obras de Santa Cristina e Lóngora
Despois de 2 anos de trámites, a Deputación da Coruña aínda ten sen contratar a reforma integral da avenida de Santa Cristina. Igualmente segue sen iniciarse a ampliación da rúa Casares Quiroga, á altura do Pazo de Lóngora, cun contrato firmado o pasado 7 de decembro coa empresa adxudicataria dos traballos. Ambas obras, impulsadas polas …









