José Luis Baños álzase co Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro de 2023
Preto de trinta textos concorreron á sexta edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que o xurado decidiu outorgar a Fóra de xogo, da autoría de José Luis Baños. Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia; María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia; e María Canosa, gañadora da quinta edición, integraron o tribunal …










