Unha ducia de nenos e nenas participa este Entroido no programa de conciliación familiar “Lousame Concilia”
A concelleira de Cultura e Servizos Sociais de Lousame, Silvia Agrafojo visitou esta mañá á rapazada que participa no “Lousame Concilia”, un programa de conciliación familiar que o Concello de Lousame convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do ano: Nadal, Entroido e Semana Santa. Nesta ocasión, son unha ducia os nenos …










