O BNG de Oleiros solicitará novamente ao Concello, no pleno ordinario de decembro, apoio municipal decidido a sector do comercio local coincidindo coas datas festivas e o posterior período de rebaixas
Ivan Roca concelleiro do BNG: “Somos conscientes de que é preciso establecer políticas locais de promoción do comercio. As nosas propostas son posíbeis, viábeis, e dependerían só dunha vontade clara das autoridades municipais para poñelas en práctica. Porén nos orzamentos do 2024 adícase a esta política un total de cero euros” Oleiros, 19 de decembro …










