A Xunta amplía no vindeiro curso o programa educativo Recíclate con Sogama aos centros de Secundaria e de Formación Profesional Básica
— Esta iniciativa didáctica, desenvolvida ao abeiro do Plan Proxecta e dirixida ata o de agora unicamente ás escolas de Primaria, chegou nos seus 13 anos de vixencia a máis de 45.000 alumnas e alumnos e a preto de 2.300 docentes — O obxectivo é achegar os seus beneficios tamén a niveis académicos superiores contribuíndo …



