A Xunta de Galicia publicará mañá no DOG a incoación para declarar Ben de Interese Cultural os murais de Urbano Lugrís da rúa Olmos da Coruña
— A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inicia así o procedemento para outorgarlle a máxima protección ao conxunto mural logo de recibir os informes realizados polo Concello da Coruña — O expediente valora que estas 12 obras merecen formar parte do patrimonio cultural máis significativo de Galicia pola súa calidade e contexto artístico …