Os fotógrafos Lúa Ribeira e André Cepeda protagonizan os primeiros talleres da mostra “Percorrer o Tempo” organizada pola Xunta
— As sesións, dirixidas a profesionais e afeccionados da fotografía, terán lugar no Museo de Belas Artes o sábado 18 e o domingo 19 previa inscrición no teléfono do museo — O obradoiro complétase cunha conferencia o sábado, ás 18,00 horas, con entrada libre ata completar aforo, na que ambos artistas exporán os seus traballos …



