Galicia presenta un recurso ante a Audiencia Nacional fronte a unha orde ministerial de protección do lobo “repleta de incoherencias”
— A Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia formalizou esta mañá o contencioso anunciado en oposición á inclusión da especie na listaxe Lesrpe — Os conselleiros anuncian que solicitarán unha entrevista co comisario europeo para o Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, tendo en conta que tamén se vulnerou a normativa comunitaria — …


