Os alumnos que representarán a Galicia en SpainSkills en carpintería e ebanistería prepáranse no CIFP Someso
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, asistiu hoxe, no Centro Integrado de FP Someso na Coruña, a unha sesión preparatoria do alumnado que participará no campionato estatal SpainSkills 2026, nas modalidades de Ebanistería e Carpintería, en representación de Galicia. Trátase de Pablo Álvarez, do propio CIFP Someso, na especialidade de Carpintería, e de …








