Sánchez Bugallo reivindica o Santiago que deixa tras o seu paso pola alcaldía sendo “a cidade galega que máis creceu nestes últimos anos, coa renda per cápita máis elevada e co menor desemprego”
O alcalde en funcións destacou ademais que o concello queda nunha situación “saneada” con “20 millóns de fondos europeos dispoñibles para a realización de obras e actuacións na cidade” e outros 20 de fondos propios. Bugallo mantivo un almorzo informativo cos medios no que agradeceu o traballo dos e das xornalistas que diariamente atenden a …










