A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual …










