A Praza Roxa acolle o Mercado das Alfaias “para poñer en valor os produtos ecolóxicos e locais e animar a un consumo responsable”
A Praza Roxa acollerá o próximo mércores o Mercado das Alfaias, un mercado ecolóxico de proximidade impulsado pola asociación Nonéomesmo e o Sindicato Labrego Galego, co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Na iniciativa participarán unha ducia de produtores de Santiago e concellos próximos, e haberá tamén degustación de …










